Historia Proxecto

En novembro do 2014 a Asociación Veciñal Atochas Monte Alto e a Asociación Centro Xuvenil Abeiro comezamos a impulsar un proxecto de horta urbana. Esta actividade foi concebida como unha actividade interxeracional entre un grupo xuvenil destinatario dunha das asociacións e a veciñanza do barrio.

Entre os meses de decembro de 2014 e xuño de 2015 fixemos unha pequena horta de interior e viveiro.

O seguinte paso que nos formulamos neste proxecto foi o de externalizalo ao barrio e conseguir un espazo público onde poder realizar a horta en cooperación con mais asociacións do barrio e a veciñanza en xeral. Para iso puxémonos en contacto coas Concellería de Asuntos Sociais e a de Medio Ambiente (parques e xardíns) pero nese momento non se nos facilitou un espazo no barrio onde realizalo.

No mes de marzo realizáronse dúas reunións máis con veciños/as e mais asociacións para presentar a proposta e analizar as posibilidades que había ante os resultados negativos co concello. Destas xuntanzas saíron as seguintes conclusións que se levarían a cabo nos vindeiros meses:

  • Recollida de firmas para presentar no concello a idea xa non dunha horta urbana se non dun proxecto de horta educativa comunitaria.
  • Presentación do proxecto a mais entidades do barrio
  • Volver a falar co concello para reformular o novo proxecto.

No mes de maio preséntase por rexistro municipal un escrito anexando a recollida de firmas, o apoio expreso dos colexios e Instituto da zona, así como o proxecto e a petición dun espazo comunitario para desenvolver a horta urbana.

Tras dúas reunións co Concello, empezamos a organizarnos no barrio, coa creación dunha comisión veciñal, para comezar a funcionar en canto nos faciliten o terreo, que esperemos que sexa a principios do 2016.

Obxectivos:

A finalidade principal deste proxecto é a creación e uso dunha horta urbana como un recurso pedagóxico e como punto de encontro comunitario.

Como obxectivos específicos tamén esperamos acadar:

  • Fomentar as relacións interxeracionais.
  • Fomentar o tecido asociativo entre as entidades do barrio.
  • Inculcar os valores de respecto, responsabilidade e coidado.
  • Dar a coñecer actividades de lecer alternativo ao consumo.
  • Coñecer cómo funciona unha horta urbana, qué se pode traballar nela e qué recursos fai falta para que funcione.
Advertisements

Os comentarios están pechados.

Organiza:

Organiza:

Organiza:

Patrocinador

Advertisements
%d bloggers like this: