Comisión Horta Urbana Monte Alto

Comisión Horta Urbana Monte Alto has written 14 posts for Horta Urbana Monte Alto

canto tempo!!!!

desde a última vez que posteamos algo, canto tempo pasou… pedirvos desculpas por non ter actualizado esta canle, pero aí van as nosas últimas actividades e progresos de maneira visual… 😉 visitáronnos desde a Asociación de Fibromialxia, desde a EI Monte Alto abonaron a horta con algas mariñas, que recolleran antes nas Lapas,… e mirar … Seguir lendo

que fermosa esta a horta

contacontos y festa para nenos e nenas

o venres pasado celebrouse unha pequena festa cos familias dos nenos e nenas da Escola Infantil de Monte Alto, aquí deixámosvos o cartel da actividade… e unha ligazón de como resultou a actividade… Na Horta da Torre o pasado venres moitas grazas ás profes da Escola Infantil, un luxo ter estes “socias” na horta urbana … Seguir lendo

festa e primeira colleita de leitugas

nunha boa tarde de sabado e acompañados por Proxecto Carcere e Ecos de Sur, instalamos os nosos primeiros hortos verticais, aproveitando para reciclar algunhas botellas de plastico e axudados por algún que outro neno… …acompañados da banda de gaitas da avv de monte alto, que artistas!!!… e ademais colleitamos as primeiras leitugas do noso horto, … Seguir lendo

F E S T A

esta horta parece de verdade ;)

deixámosvos unhas fotos para que vexades como está a crecer a nosa horta…

e acabamos co terreo…

hoxe acompañamos aos raparigos da Escola Municipal de Monte Alto, e aos seus pais, a terminar de “ocupar” o terreo que tiñamos para sementar, cuns allos porros, leitugas, tirabeles…   moitas grazas polos teus consellos Pepe…

e hoxe “plantamos”…

tivemos que aprazar (por inclemencias meteorolóxicas) a hoxe, a mañá que queríamos “estrear” a horta veciñal, e aquí tédesnos, sementamos unhas cebolas, unhas coliflores e uns repolos… moitas grazas a todas, así dá gusto traballar a terra…

Comezamos a traballar!!

Tras moito tempo intentándoo e co mes da primavera, finalmente comezaremos a traballar o vindeiro sábado 4 de marzo nas nosas hortas urbanas de Monte Alto. O pasado setembro, sabendo que tiñamos xa concedido o espazo, xunto con outras dúas entidades: Proxecto Cárcere e Ecos do Sur; retomamos os encontros para darlle forma definitiva ao … Seguir lendo

Visita a Horta de Antón

Tras enterarnos mediante unha noticia de prensa o pasado 6 de maio, de que a Concellería de Medio Ambiente sacaría a concurso tres parcelas no parque de Carlos Casares para uso de hortas urbanas; a comisión de Horta Urbana de Monte Alto decidimos reunirnos a pasada semana para concretar os pasos a seguir. Aínda que … Seguir lendo

Organiza:

Organiza:

Organiza:

Patrocinador