Reunións

Comezamos a traballar!!

Tras moito tempo intentándoo e co mes da primavera, finalmente comezaremos a traballar o vindeiro sábado 4 de marzo nas nosas hortas urbanas de Monte Alto.

O pasado setembro, sabendo que tiñamos xa concedido o espazo, xunto con outras dúas entidades: Proxecto Cárcere e Ecos do Sur; retomamos os encontros para darlle forma definitiva ao proxecto. En xaneiro déronnos as chaves e, con elas, comezou o período de inscrición.  Á par, a Escola Municipal Infantil de Monte Alto, realizou un encontro cos cativos e cativas xa no propio espazo e plantou nos viveiros as sementes que nos vindeiros meses transplantaremos á horta.

pp

Conformamos un grupo de 9 persoas, de diferentes idades e con distintas ocupacións; con mais ou menos coñecementos sobre cómo traballar nunha horta, pero con moitas gañas e bastante iniciativa, xa patentes dende o noso primeiro encontro grupal da pasada semana.

Nos vindeiros meses, ademais das actividades propias da horta, poderán chegar novas ideas a desenvolver neste marco, tamén coa intención de traballar en rede coa Escola Infantil do barrio e con outras entidades da nosa cidade.

E así faise realidade unha idea que ven de lonxe argallándose: ter un espazo comunitario de convivencia, unha opción para tempos de lecer e unha aprendizaxe de cómo traballar na terra.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Organiza:

Organiza:

Organiza:

Patrocinador

%d bloggers like this: